Fins
Os fins principais da Fegadex son:
- Exercer a dirección técnica e administrativa dos deportes para xordos de Galicia.
- Exercer o control de todas e cada unha das manifestacións dos deportes para xordos no territorio galego, vixiando o perfecto cumprimento das disposicións e reglamentos correspondentes.
- Calificar e organizar as competicións con carácter autonómico que se celebren en Galicia.
- Colaborar coa Dirección Xeral para o Deporte na formación de técnicos deportivos e na prevención, control e represión do uso de substancias e grupos farmacológicos prohibidos e métodos non regulados no deporte.
- Estudar e propoñer á Dirección Xeral para o Deporte as directrices e reformas que considere necesarias para o máis amplo desenvolvemento, extensión e práctica dos deportes para xordos en Galicia.
- Colaborar coa política de promoción deportiva de Galicia.
- Exercer a potestade disciplinaria.
- Executar, no seu caso, as resolucións da comisión xurídica do Deporte en Galicia.