español español - galego galego

Presentación

A Federación Galega de Deportes para Xordos é unha entidade sen ánimo de lucro que se fundou o 13 de novembro de 1993, constituída ao amparo da Dirección Xeral para o Deporte. Goza de personalidade xurídica propia e plena capacidade de obrar, segundo o establecido nas leis do deporte de Galicia, reunindo aos clubs, sociedades, grupos, seccións, deportistas, técnicos, adestradores... adicados á organización, promoción e práctica de toda clase de deportes para persoas con discapacidade auditiva que se desenvolven en Galicia.

A Federación Galega de Deportes para Xordos defende a práctica do deporte ao considerala como unha vía moi importante para conseguir unha maior calidade nas relacións sociais das persoas con discapacidade auditiva, e ademais implica xogo, competición, exercicio físico, superación persoal, constancia e esforzo.

A Fegadex ostenta a representación oficial exclusiva de todas as modalidades deportivas recoñecidas oficialmente e adicadas expresamente ás persoas xordas con certificado de minusvalía non inferior ao 33%.

Estatutos  FEGADEX

 Aprobada a modificación dos Estatutos pola Asamblea Xeral da Federación Galega de Deportes para Xordos, en reunión ordinaria do 12 de xullo de 2008, e ratificada pola Secretaría Xeral para o Deporte na Resolución do 31 de agosto do 2009, de conformidade co artigo 31.6º da Lei 11/1997, xeral do deporte de Galicia; procedeuse a anunciar á modificación de diversos artigos dos seus estatutos.

pdf  Estatutos 

 


Federación Galega de Deportes para Xordos (FEGADEX) | Praza de Agustín Díaz, 3 - Complexo Deportivo de Elviña | 15008 A Coruña | Mapa web | Aviso legal
fegadex@fegadex.org