español -
galego

¿Qué queremos conseguir coa organización duns Xogos Deportivos Autonómicos para Xordos?
O primordial é fomentar o traballo entre todas as autonomías, promover condicións de igualdade no ámbito deportivo, socializar ós participantes, consolidar hábitos saudables, atender ó desenvolvemento global da comunidade deportiva Xorda, fomentar os valores do espíritu deportivo e promover unha competición de máximo nivel.
Con estes Xogos Autonómicos estamos afianzando a idea da diversidade nas Competicións, xa que aparecerán disciplinas como: Xadrez, Atletismo (feminino e masculino) , Baloncesto (senior), Bolos (feminino e masculino), Dardos (feminino e masculino), Fútbol (senior), Fútbol 7 (veteráns) , Fútbol Sala (feminino, cadete e senior), Mountain Bike (masculino), Petanca (feminino e masculino), Tenis (masculino), Tenis de Mesa (feminino e masculino).
Todas as Autonomías participantes contan con deportistas moi bien preparados e dunha grande calidade física, fruto do traballo diario e da constancia que supón o afán de superación.
Nestes Xogos veredes desfilar a varios centenares de deportistas, representando ás suas respectivas Comunidades Autónomas. Así amosarán-nos as suas habilidades deportivas os membros das autonomías de Baleares, Valencia, Madrid, Castela-León, Cataluña, País Vasco, Navarra, Andalucía e por suposto Galiza.
O espíritu deportivo veráse reflexado sen limitacións de idade en todos os deportistas participantes pois os partidos serán entre xogadores cadetes, senior, veteranos, na súa modalidade masculina e feminina, e todos eles coa mesma forza competitiva.
Esperamos que este evento sexa do agrado de todos/as.